Xurxo Penalta_hm0sl4 peh%52lk 1.wi Aaee2h I506d c
| Xurxo Penalta | |
|---|---|
| Nacemento | 1976 |
| A Coruña | |
| Nacionalidade | España |
| Alma máter | Universidade de Vigo |
| Ocupación | pintor |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Xurxo García Penalta, coñecido como Xurxo Penalta, nado na Coruña en 1976, é un pintor debuxante de banda deseñada galego.
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Obras
- 3 Notas
- 4 Véxase tamén
- 4.1 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Participou en diversos fanzines da área da Coruña nos anos noventa e licenciouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Posteriormente estudou no College of Art and Design de Minneapolis e precticou diversas disciplinas artísticas, en especial a pintura. Algunhas das súas obras pertencen a coleccións internacionais, como a Colección Afundación.
En 2006 regresa ao cómic ao participar en exposicións colectivas en Galicia e ao debuxar para a revista Barsowia. En 2008 comeza a traballar con editoriais estadounidenses como Marvel Comics ou Dark Horse. Para a Marvel debuxa nun recompilatorio unha historia do personaxe D-Man, con guión de Brian Patchett, mentres que para Dark Horse debuxou dúas historias da serie Fear Agent, baixo guión de Rick Remender[1], aínda inéditas.
Obras[editar | editar a fonte]
- Varios autores, Assitant Sized Marvel Spectacular, 2009, Marvel Comics.
- Ryokan no Kettou, publicado por entregas na revista Barsowia (2008 - ).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xurxo Penalta dá o salto a Marvel e a Dark Horse, Culturagalega.org, 15/1/2009
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Laserdraw, un dos blogs do autor.
- Xurxo Penalta na Colección Afundación.